O inicio. Programa PASOS

O inicio. Programa PASOS

Programa de atención sociosanitaria do ano 1999 que parte da necesidade de coordinar a atención sanitaria e social prestada a 3 grandes grupos de crónicos:
1) Persoas maiores con pluripatoloxía e/ou deterioración física ou cognitiva
2) Persoas con enfermidade mental crónica
3) Persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial
 
Realizáronse diversas experiencias piloto tanto en atención primaria como especializada coordinados de xeito interinstitucional con servizos sociais dos concellos.
 
As actuacións en residencias asistidas da terceira idade concretáronse na coordinación farmacoterapéutica, de axudas técnicas e transporte sanitario, inclusión dentro do circuito de recollida de mostras periféricas como un punto mais de extracción e coordinación para programas preventivos e de saúde pública.
 
Respecto á saúde mental as actuacións centráronse no apoio á rehabilitación psicosocial e laboral, regulación de vivendas protexidas, centros residenciais e programas de interconsulta psiquiátrica.
 
No ámbito da discapacidade o programa dirixiuse á atención temperá, atención odontolóxica a pacientes discapacitados e programas de interconsulta especializada cos centros residenciais.