Convivencia e saúde en rede

Convivencia e saúde en rede

<
Título do proxecto
Convivencia e saúde en rede. Proxecto de intervención comunitaria do centro de saúde do Milladoiro
<
Promotor/a
Dna. María Magdalena Seco Otero. Xefa de servizo do SAP Milladoiro
<
Contacto
magdalena.seco.otero@sergas.es
<
Colectivo destinatario
Alumnado do IES Milladoiro e familiares
<
Obxectivos
  • Fomentar a apertura do centro á comunidade, incrementando as relacións coa sociedade, asociacións e institucións do concello
  • Creación dun clima de traballo e convivencia que favoreza o benestar do profesorado, alumnado, persoal non docente e familias
<
Número de participantes previsto
450 alumnos/as do IES Milladoiro e as súas familias
<
Período de desenvolvemento
Dende o curso 2015/2016
<
Área xeográfica de intervención
Milladoiro (Concello de Ames)
<
Pertinencia
A OMS define a saúde coma o "estado de benestar físico, mental e social e non soamente a ausencia de enfermidades". Unha boa saúde e unha boa convivencia escolares melloran os resultados académicos e promoven o desenvolvemento persoal de alumnas e alumnos ao mesmo tempo que producen unha maior satisfacción da comunidade educativa E contribúen a mellorar a convivencia e a saúde na localidade do centro No IES Milladoiro conviven 18 nacionalidades diferentes de 4 continentes. O alumnado presenta niveis socioculturais variados e responde ás novas realidades familiares existentes na sociedade. A poboación inmigrante obriga a prestar especial atención aos procesos de acollida e ao respecto á multiculturalidade
<
Breve descrición do proxecto
Mesa de traballo coas institucións coas que operan no IES e que ten como eixes a mellora da convivencia e a saúde escolares Realízanse reunións plenarias das que derivan reunións sectoriais que melloran a coordinación do instituto coas distintas institucións Participan co IES Milladoiro:
  • ANPA Milla
  • ANPA ÁGORA
  • Centro de Saúde do Milladoiro
  • Concello de Ames
  • Garda civil
  • Inspección Educativa
  • IGAXES
  • CEP de Ventín
  • Escola Infantil do Milladoiro
  • Asociación Galega de Reporteiros Solidarios
  • Asamblea de Cooperación pola Paz
  • Asociación de empresarios do Milladoiro
  • Fundación Secretariado Xitano
  • Representante da USC
Entre as actividades realizadas:
  • Intervención de atención a alumnos con conductas disruptivas
  • Alimentación e hábitos de vida saudable para nais,pais e alumnado
  • Educación afectivo sexual
  • Promoción da saúde mental
Actualmente o traballo da rede céntrase en:
  • Vixilancia de condutas de risco de exclusión social e de convivencia
  • Elaboración dun protocolo de prevención de suicidio
  • Prevención do absentismo escolar
  • Prevención xunto coa garda civil de situacións de violencia de xénero