Pertinencia
A estratexia Sergas para o ano 2020 pasa por unha atención integral adaptada as necesidades dos pacientes, familiares e coidadores, sendo unha das liñas principais de actuación o “Orientar la estrutura de prestación de servizos as necesidades dos pacientes e a mellora da atención a cronicidade”. Nestes termos, o paciente inmobilizado, considerase unha persoa que pasa a maior parte do seu tempo na cama e que solo a pode abandonar con axuda de outras persoas; ou unha persoa con dificultade importante para desprazarse, independentemente das causas, e por un tempo previsible de duración superior aos dous meses, necesita duns coidados continuos e dependentes dun coidador para paliar a súa dependencia. Son os coidadores principais ou informais (familiares ou achegados) os encargados da maior parte da atención do paciente inmobilizado, sendo unha peza clave para levar a cabo a prevención de lesións relacionadas coa dependencia (úlceras por presión ou cizalla, lesións por fricción ou asociadas a humidade, infeccións, enfermidades vasculares, músculo esqueléticas, etc.). Por tanto, cumpre instruír e formar a estes coidadores para evitar situacións de risco, identificar precozmente as lesións e promover medidas e coidados dirixidos a prevención e unha adecuada inxesta e alimentación segundo as necesidades.