XIII Edición Premios Estratexia NAOS

XIII Edición Premios Estratexia NAOS

Premios_NAOS.jpg

 

 

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) convocou os XIII PREMIOS ESTRATEXIA NAOS, EDICIÓN 2019 (Resolución BOE do 28 de maio de 2019, da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición) co obxectivo de recoñecer e divulgar aqueles programas ou proxectos que fomenten  unha alimentación saudable e/ou a práctica de actividade física, obxectivos da Estratexia para a Nutrición, Actividade Física e prevención da Obesidade (Estratexia NAOS) en calquera dos ámbitos de actuación desta Estratexia: familiar e comunitario, escolar, laboral, sanitario e empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 18 de decembro de 2019 (incluído)

IMPORTANTE: Procedemento de presentación de solicitudes telemáticamente para participar nos XIII Premios Estratexia NAOS 2019

As solicitudes cos formularios e anexos correspondentes que figuran na resolución da convocatoria  só se poderán presentar:

- Telemáticamente mediante o Rexistro Electrónico Xeneral da Administración Xeral do Estad dirixindo a solicitude á Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Para poder realizar o rexistro electrónico débese dispoñer de DNI electrónico ou certificado electrónico en vigor.

- Aceptarase, así mesmo, a documentación complementaria ás solicitudes presentadas nas formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:

· No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común da Administracións Públicas.

· Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

· Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

· Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

· En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Para calquera consulta sobre os XIII PREMIOS ESTRATEXIA NAOS 2019 poden enviar un correo electrónico a  estrategianaos@mscbs.es