Xuntanza Mérida Novembro 2018

Xuntanza Mérida Novembro 2018

No marco do desenvolvemento deste Proxecto están a levarse a cabo periodicamente reunións e seminarios científicos nas que os socios informan do progreso do mesmo nas súas CCAA, debaten e actualizan coñecementos nesta materia.

A terceira convocatoria terá lugar en Mérida no mes de novembro de 2018. A reunión dos socios do RISCAR está prevista para o día 13 na “Consejería de Sanidad y Políticas Sociales” da “Junta de Extremadura”.

O día 14 terá lugar, o seminario científico que tratará sobre a saúde no adolescente e ten como obxectivos:

    • Coñecer as modalidades de actuacións e ferramentas que existen en Extremadura para previr e tratar as condutas aditivas.
    • Aprender sobre parentabilidade e apego en relación coas emocións que senten os adolescentes, para realizar unha atención máis axeitada.
    • Coñecer as particularidades legais na Adolescencia, como o termo de menor maduro ou a maioría legal e a maioría de idade sanitaria.
    • Educar na sexualidade ao adolescente e así, previr os embarazos non planificados e/ou as infeccións de transmisión sexual.

Os destinatarios do mesmo son os profesionais da atención á saúde do Sistema Sanitario Público de Extremadura e profesionais dos socios do Proxecto RISCAR.

 

 

 

 

Diptico.PNG