MEDIDAS DE PROTECCIÓN FRONTE AOS MOSQUITOS DO XÉNERO AEDES

MEDIDAS DE PROTECCIÓN FRONTE AOS MOSQUITOS DO XÉNERO AEDES

Os mosquitos do xénero Aedes poden transmitir, entre outras, enfermidades como dengue, chikungunya, Zika ou febre amarela. Polo tanto, antes de viaxar a zonas de risco hai que informarse ben sobre as medidas que nos permitan protexernos fronte a estas e outras enfermidades nos puntos de atención ao viaxeiro. Así mesmo, compre recordar que xa se detectou o mosquito tigre (Aedes albopictus) nalgún municipio da nosa comunidade, polo que estas recomendacións tamén poden ser de utilidade en Galicia.
RECOMENDACIÓNS PERSOAIS PARA EVITAR AS PICADURAS DE MOSQUITOS
  • Usar repelentes autorizados e activos fronte mosquitos (ver apartado específico).
  • Vestir roupa de manga longa cando se estea no exterior, preferiblemente de cores claras e tecidos naturais. Usar tamén calcetíns e calzado pechado.
  • Usar insecticidas como a permetrina para tratar a roupa [ligazón] ou adquirir roupa xa tratada. Non usar nunca os insecticidas directamente sobre a pel.
  • Manter unha boa hixiene persoal, evitando perfumes e produtos cosméticos con olores intensos
  • Seguir estas medidas durante todo o día, especialmente ao amencer e anoitecer.
RECOMENDACIÓNS AMBIENTAIS PARA EVITAR AS PICADURAS DE MOSQUITOS
  • Aloxarse en lugares con mallas mosquiteiras en portas e ventás. No seu defecto, mantelas pechadas usando mosquiteiros para durmir (tratalos con permetrina fainos máis eficaces).
  • Usar aire acondicionado se é posible.
  • Usar ventiladores para xerar correntes de aire.
  • Usar insecticidas para interiores (difusores eléctricos ou nebulizadores).
  • Evitar lugares próximos a augas estancadas por máis dunha semana.

 

ESTAS RECOMENDACIÓNS DEBEN SEGUIRSE: 
 

Cando se viaxe ou resida nunha área onde o mosquito está presente. Pode consultar as zonas de risco para cada enfermidade e a documentación específica na seguinte [ligazón].

Ao regresar dunha zona de risco durante 2 semanas e cando existan síntomas compatibles con algunha das enfermidades das estes mosquitos poden ser vector, para evitar a introdución do virus nos mosquitos locais.

 

 
USO DE REPELENTES E INSECTICIDAS:
  • Usar repelentes/insecticidas seguindo sempre as indicacións do fabricante, tanto para repelentes como para insecticidas.
  • Fixarse no tempo de duración, podendo ser necesarias novas aplicacións (non reaplicar máis do recomendado).
  • Revisar a información, dado que algúns produtos poden disolver tecidos sintéticos e plásticos.

 

Ter en conta que os repelentes:
  • Só deben usarse sobre pel exposta, nunca baixo a roupa.
  • Non deben usarse sobre mucosas, ollos, labios nin pel sensible, queimada ou con feridas.
  • Para aplicar na cara, usar as mans evitando a pulverización directa do rostro.
  • Cando se presentan en forma de pulseira/xeonlleira, baséanse na difusión de sustancias activas volátiles no entorno próximo, polo que so protexen a zona na que se usan.
  • As mulleres embarazadas non teñen que seguir recomendacións diferentes. En caso de lactancia, lavar mans e peitos antes da toma.

 

Uso de repelentes en nenas/os pequenas/os:
  • Revisar a ficha técnica do produto.
  • Aplicar por parte dun adulto ou coa súa supervisión.
  • De non ser posible o seu uso, valorar o uso de mosquiteiros.
 

Captura de pantalla 2023-09-08 101732-3.png

* Dispón de máis información sobre os biocidas autorizados en España na seguinte ligazón.