Enquisas sobre consumo de alcohol e tabaco en relación ao confinamento por COVID-19

Enquisas sobre consumo de alcohol e tabaco en relación ao confinamento por COVID-19

ENQUISA EUROPEA SOBRE O CONSUMO DE ALCOHOL DURANTE A PANDEMIA COVID-19

A Universidade Politécnica de Dresden (TUD, Alemaña) e o Hospital Clínic de Barcelona (FCRB, España), co apoio de varios institutos de investigación e saúde pública en Europa, están a lanzar unha breve e rápida enquisa a nivel europeo, para estudar experiencias persoais e conduta de consumo (e abstención) durante a pandemia actual de SARS- CoV-2 (é dicir, coronavirus ou COVID-19).

Desde esta Consellería, agradecemos a súa colaboración por participar nesta enquisa, que se atopa dispoñible para o seu enchemento en castelán e conleva 10 minutos.

ACCESO: https://bildungsportal.sachsen.de/umfragen/limesurvey/index.php/684654?lang=es


ENQUISA SOBRE O CONSUMO DE TABACO DURANTE A PANDEMIA COVID-19

Esta enquisa forma parte do estudo para coñecer o impacto que está a ter o confinamento no consumo de tabaco ou outras formas de consumo, e en que medida influíron os problemas de saúde da poboación e o coronavirus nestes.

Este estudo está a levarse a cabo desde o Ministerio de Sanidade, o Gobierno de La Rioja, A Región de Murcia e o Comité Nacional para a Prevención do Tabaquismo ( CNPT). A data límite para o seu enchemento é o 22 de maio. Os datos obtidos presentaranse con ocasión do 31 de maio “Día Mundial sen Tabaco”.

Desde esta Consellería, agradecemos a súa colaboración por participar nesta enquisa.

ACCESO: https://encuestas.msssi.gob.es/limesurvey/index.php/535349?lang=es