A Dirección Xeral
de Saúde Pública está a organizar un ciclo de sesións
técnicas, coas que pretende mellorar a comunicación na nosa
organización, de xeito que se den a coñecer as liñas de
traballo que se están a desenvolver relacionadas
co campo da saúde pública e os resultados que
reflicten, así como a intercomunicación e
cooperación cos diferentes ámbitos asistenciais
coas políticas de saúde pública e viceversa.
Compartir o que estamos a
facer cas persoas que traballamos neste campo e escoitar as
interesentasímas achegas que se nos fagan desde os diferentes
ámbitos da sanidade galega contribúe, sen dúbida, á mellora da
calidade dos servizos prestados.
Queremos
traballar coa premisa de que a visibilidade da ciencia é fundamental,
polo que consideramos preciso dispor
dun espazo aberto de intercambio de información e
transferencia de coñecemen que
permita favorecer
dun xeito dinámico e flexible, a actualización
permanente da
información.
Estas
sesións técnicas celebraranse os martes
de 9:15 a 9:30 baixo a modalidade de videoconferencia.
O
enlace as mesmas facilitarase previamente por correo electrónico. De
querer participar
nas mesmas e non ser unha persoa incluída
na listaxe de difusión, pode facernos chegar a súa
solicitude á caixa de correo (Escola.Saude.Publica@sergas.es), á que
tamén pode enviar tanto as aportacións
técnicas de mellora sobre os temas presentados nas
sesións, como as boas prácticas da súa área que considere de interés
para ser difundidas nunha sesión técnica.
Escoitar
as achegas contribúe, sen dúbida, a poñer en valor o
noso traballo cotiá e á mellora da calidade dos servizos
prestados, por eso e moi importante contar coa
súa participación activa.