PROGALIAM. Programa Galego de atención ao infarto agudo de miocardio

PROGALIAM. Programa Galego de atención ao infarto agudo de miocardio

Para un sistema de saúde, a enfermidade coronaria ten que ser unha prioridade. Estamos a falar da principal causa de morte no mundo. E por iso , xa na 2005 a Xunta de Galicia puxo en marcha o PROGALIAM, un programa que era pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial. Ata entón só existían proxectos similares en comunidades uniprovinciais como Navarra ou a Región de Murcia. En Galicia, o programa PROGALIAM foi precursor á hora de desenvolver unha rede, identificar e atender dunha maneira precoz e con calidade a   os pacientes que sofren un Infarto Agudo de Miocardio. A implantación do PROGALIAM fíxose posible grazas á  participación coordinada de numerosos profesionais de distintos ámbitos, fundamentalmente do 061, atención primaria, cardioloxía, urxencias, medicina intensiva e a propia administración sanitaria.

A Síndrome Coronaria Aguda con elevación do segmento ST (SCACEST) exemplifica un dos paradigmas do beneficio dunha atención sanitaria precoz, dado que a reperfusión coronaria urxente leva consigo unha redución da mortalidade inmediata e da morbilidade por insuficiencia cardíaca a longo prazo, especialmente, cando dita reperfusión realízase mediante angioplastia primaria. Dado que aproximadamente a metade das mortes por SCACEST teñen lugar antes da asistencia hospitalaria (sobre todo nas dúas primeiras horas),  o manexo precoz e óptimo é esencial.

O programa PROGALIAM actualízase no ano 2022 en consonancia cos avances científicos e as novas guías asistenciais. Os obxectivos fundamentais seguen sendo os mesmos:

  • Diminuír a morbimortalidade e mellorar a expectativa de calidade de vida do paciente con SCACEST.

  • Promover a equidade no acceso ás prestacións do sistema sanitario para diminuír a variabilidade no uso de recursos e tecnoloxías diagnósticas e terapéuticas.

Reacciona_co_corazon.JPG