Convenio "Coida os teus ollos"

Convenio "Coida os teus ollos"

Portada_coida_os_teus_ollos.JPG

 

Trátase dun convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e os establecementos ópticos para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais.
 
Os establecementos ópticos que o soliciten, incorporaranse ao convenio “Coida os teus ollos” para favorecer o aceso áxil as medidas da refracción e de compensación da agudeza visual para evitar ou retrasar o progreso das alteracións visuais dos pacientes do Sergas.
 
Neste convenio os establecementos de óptica, en tanto que son establecementos sanitarios sometidos a control e autorización sanitaria, e dentro das funcións que lles están asignadas pola normativa en vigor, poden ofrecer os servizos que se indicarán a continuación co máximo nivel de calidade esixible, en beneficio da poboación usuaria:
 
1º. Avaliación do estado refractivo/agudeza visual mediante probas optométricas.
2º. Realización das seguintes probas complementarias:
- Medición da reacción pupilar.
- Test de Worth.
- Test da Reixa de Amsler.
- Proba da cor.
- Transparencia de medios.
- Proba de cover-test.
- Motilidade ocular
 
Os establecementos de óptica adheridos ao convenio estarán debidamente identificados co cartel específico do Programa “Coida os teus ollos”.
 
Os usuarios do Sergas, maiores de 5 anos, poderán acudir directamente, sen necesidade de pasar previamente polo centro de saúde, ao centro óptico identificado coa imaxe do convenio, a solicitar a revisión en base aos puntos anteriores.