Cribado colon

Cribado colon

logo_colon.jpg 
 
A Consellería de Sanidade ten en marcha o Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal. O Programa vai destinado ás persoas de 50 a 69 anos e consiste na realización dun test para detectar sangue oculta nas feces (SOF). A participación é voluntaria, gratuíta e moi importante para a súa saúde.

Para PARTICIPAR NO PROGRAMA só ten que facer uso do dispositivo que acaba de recibir no seu domicilio para a recollida da mostra, a cal pode facer vostede mesmo de maneira moi sinxela seguindo as "instrucións para a recollida da mostra" que aparecen nas ligazóns ao final desta páxina.


Para mais información sobre o Programa, prema aquí​.

Se ten algunha dúbida ou precisa máis información, pode trasladarnos as súas peticións a través do enderezo electrónico infocolon@sergas.es ou chamando ao teléfono 881 547 465
​​