Rabia

Rabia

A rabia humana prodúcese, xeralmente, pola entrada do virus da rabia a través de feridas provocadas por trabadas de animais ou, máis raramente, por saliva infectada en contacto coa superficie das mucosas.

Galicia considérase libre de rabia animal, polo que o tratamento antirrábico e a notificación só se considerarán cando a trabada se produciu en circunstancias de risco, que son as seguintes:

  • Cando se saiba de certo que o animal é orixinario dunha zona onde hai rabia (enzoótica) ou que viaxou a ela nos últimos tres meses.
  • Cando a persoa foi trabada nunha zona enzoótica.
  • Cando o animal que traba é un morcego.
  • Cando, polo seu comportamento estraño ou pola súa conduta agresiva, un profesional competente sospeita que o animal pode padecer rabia.


As zonas de enzootia rábica pódense consultar na páxina International travel and health da OMS (ligazón); e as indicacións para o tratamento antirrábico, na ligazón Actuación ante unha trabada de animal, que contén o Protocolo de control da rabia humana en Galicia, do que hai un resumo en Venres Epidemiolóxico (vol. 1, nº 2).

O Protocolo de control da rabia humana en Galicia indica tamén como facer a notificación da trabada, e a ficha para realizala pódese obter na ligazón Ficha de notificación da trabada.