A lexislación española, harmonizadas as normas emanadas da Unión Europea, establece que todos os produtos químicos perigosos (substancias e preparados químicos) para a súa posta no mercado deben clasificarse de acordo coa súa perigosidade, cumprir os requisitos de etiquetaxe e envasado, facilitarlles información aos usuarios profesionais mediante as fichas de datos de seguridade (FDS) e introducir especificacións e restricións de uso.
A súa vez, tras a entrada en vigor o 1 de xuño de 2007 do Regulamento (CE) n.º 1907/2006, do 18 de decembro de 2006 relativo ao rexistro, avaliación, autorización e restrición das substancias e preparados químicos (REACH), culminando un proceso de revisión da política e normativa europea de substancias químicas que unifica mais de 40 normativas sobre o tema, establécese un sistema novo de xestión e control dos riscos sobre a saúde e o medio ocasionados polas substancias químicas perigosas.
A avaliación, prevención e control dos riscos asociados a unha inadecuada comercialización e ao mal uso dos produtos químicos é unha das tarefas da sanidade ambiental.
Como instrumento básico de xestión e co fin de minimizar os riscos para a saúde da poboación, inclúese o Programa de control sanitario de produtos químicos, para coordinar as distintas actuacións de inspección, vixilancia e control por parte dos técnicos de Sanidade Ambiental e o corpo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública.
O dito documento xorde coma un programa transversal que afecta a outros programas desenvolvidos no ámbito da sanidade ambiental á hora de establecer actuacións comúns dentro da vixilancia e control dos produtos químicos.
PISCINAS
Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnicos-sanitarios das piscinas.
AUGAS DE CONSUMO HUMANO
Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.
Orde SSI/304/2013, do 19 de febreiro, sobre sustancias para o tratamento da auga destinada á producción de auga de consumo humano.
DETERXENTES
Regulamento (CE) nº 648/2004 do Parlamento Europeo e do Consello do 31 de marzo de 2004 sobre deterxentes.
Real Decreto 770/1999, do 7 de maio, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria para a elaboración, circulación e comercio de deterxentes e limpadores.
LIXIVIAS
Real Decreto 3360/1983, do 30 de novembro, polo que se aproba a Regulamentación técnico-sanitaria de lixivias.
Real Decreto 349/1993, do 5 de marzo. Modificación.