Misión e Visión

Misión e Visión

Misión, Visión e Valores da Dirección Xeral de Saúde Pública

Misión

A misión da Dirección Xeral de Saúde Pública, é fomentar, protexer e contribuir a mellorar a saúde da poboación galega, a través de:

◾A planificación das diferentes actuacións que contribúan a mellorar a saúde, a asegurar o libre exercicio dos dereitos e deberes sanitarios dos cidadáns, e a garantir a toda a poboación galega unhas mesmas prestacións e garantías sanitarias.

◾O desenvolvemento de actuacións comunitarias para o control dos riscos de enfermar asociados a determinantes de saúde.

 

Visión

Alcanzar un nivel de planificación e coordinación na Consellería de Sanidade que permita asegurar os dereitos dos cidadáns e desenrrolar servizos para mellorar a súa saúde de forma eficiente, contribuíndo así a asegurar a sostenibilidade do sistema.

Ser o punto de referencia na toma de decisións que incidan na saúde comunitaria, sendo unha garantía de seguridade para a cidadanía.

 

Valores

◾Equidade, na xestión dos intereses colectivos.

◾Eficiencia, na utilización dos recursos.

◾Traballo orientado a resultados para a comunidade.

◾Traballo en equipo, en coordinación con toda a Consellería e SERGAS.

◾Mellora continua da calidade.

◾Traballo acorde co coñecemento dispoñible nese momento.

◾Orientación ó desenvolvemento e implicación dos profesionais.

◾Orientación a xestión por procesos e feitos.​​