Guías para implantación de sistemas APPCC

Guías para implantación de sistemas APPCC

O sistema de análise de perigos e puntos de control críticos (APPCC), está especialmente concibido para a seguridade dos alimentos. É un sistema preventivo que trata de identificar perigos asociados e as medidas preventivas para controlalos. Este instrumento avalía os riscos dos perigos asociados aos alimentos e implanta medidas preventivas para o seu control en todas as etapas de produción, no canto do control tradicional baseado no control do produto final.