Campaña 2016

Campaña 2016

Con motivo da celebración do Día Mundial da Sida que se celebra o 1 de decembro, o Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve unha campaña divulgativa en centros escolares de secundaria, bacharelato e formación profesional así como con outras entidades que traballan no eido do VIH/sida e outras ITS. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas. Nesta campaña distribúense preservativos, carteis do Día Mundial da Sida, adhesivos co lazo vermello e folletos con información preventiva do VIH/sida.

 

Se tes calquera dúbida sobre infeccións de transmisión sexual (ITS), podes contactar co persoal médico e de enfermería do Plan galego anti VIH/sida e outras ITS por teléfono ou por email. Os datos de contacto son:

teléfono: 881 542 914, 881 542 996, 881 542 913.

email: plan.vih.its@sergas.es

horario de atención: de luns a venres, de 9:00-14:00 h.