Biocidas

Biocidas

Programa de control sanitario de establecementos, servizos e produtos biocidas

Dentro das accións encamiñadas á avaliación, prevención e control dos riscos asociados a factores ambientais específicos que poidan supoñer un risco para a saúde da poboación, inclúese dunha maneira máis concreta, a vixilancia sanitaria da comercialización, manipulación e/ou aplicación dos biocidas como unha das tarefas da sanidade ambiental. Neste marco de traballo xorde o Programa de control sanitario de establecementos, servizos e produtos biocidas, como instrumento básico de xestión, para coordinar as distintas actuacións de inspección, vixilancia e control por parte dos técnicos de Sanidade Ambiental.

 

FOTO Biocidas-galego.png
 

 

Biocidas (praguicidas non agrícolas)

Os biocidas son as substancias e mesturas, na forma en que se subministran ao usuario, que estean compostas por, ou xeneren, unha ou máis substancias activas, coa finalidade de destruir, contrarrestar ou neutralizar calquera organismo nocivo, ou de impedir a acción ou exercer sobre él un efecto de control de outro tipo, por calquera medio que non sexa unha mera acción física ou mecánica.

Así como, toda sustancia ou mestura xerada a partir de substancias ou mesturas distintas das contempladas no parágrafo anterior, destinada a ser empregada coa intención de destruír, contrarrestar ou neutralizar calquera organismo nocivo, ou de impedir a sua acción ou exercer sobre él un efecto de control de outro tipo, por calquera medio que non sexa unha mera acción física ou mecánica.