Prevención da violencia laboral no Servizo Galego de Saúde

Prevención da violencia laboral no Servizo Galego de Saúde

Prevención da violencia laboral.

O proxecto para a prevención da violencia laboral no Servizo Galego de Saúde ten por obxecto garantir a seguridade dos profesionais que integran o sistema sanitario público promovendo as medidas necesarias para ofrecer unhas condicións laborais adecuadas e que favorezan a estreita relación entre o paciente e o profesional, e desta forma, procurar a maior calidade asistencial posible.
A análise das situacións de violencia laboral nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, se ben non amosa datos preocupantes, recomenda desenvolver distintas accións para a súa prevención, xa que a violencia é un problema en si mesma ao crear situacións de tensión e alarma no ambiente laboral.
Este proxecto, que reflicte unha preocupación compartida pola Consellería e os profesionais da saúde, pretende establecer un sistema de prevención, protección e reacción na sanidade pública galega que permita optimizar o uso dos recursos técnicos e humanos dispoñibles co fin de previr, protexer e controlar con rapidez calquera situación de violencia, perigo ou urxencia, e minimizar as súas consecuencias, garantindo a continuidade da actividade do centro sanitario, así como fomentar unha cultura de seguridade e prevención.