Area de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Area de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A Estratexia é un instrumento aberto onde se irán incorporando as iniciativas que veñan xurdindo das achegas de profesionais e pacientes, tendo sempre en conta valores como a equidade e accesibilidade e tamén a eficiencia e sustentabilidade do sistema sanitario.  

Nos diferentes centros asistenciais do Servizo Galego de saúde existen proxectos de mellora e humanización desenvolvidos partindo de propostas de profesionais e cidadania.
Co fin de uir extratexias , darlle prioridade as liñas de traballo comúns, despregar accións e homoxeneizar o proceso, levouse a cabo unha análise dos diversos proxectos de humanización na asistencia sanitaria impulsados nas distintas áreas sanitarias do Servizo galego de Saúde.