Introdución Innova Saúde

Introdución Innova Saúde

InnovaSaúde é un plan de innovación sanitaria centrado no desenvolvemento de solucións avanzadas para necesidades asistenciais actuais e futuras. Activado a través dun proceso de compra pública innovadora cofinanciado con fondos FEDER, finalizou en 2015 co resultado de 14 proxectos.
 
 
24 Millóns € de orzamento,14 proxectos, > máis 200 contratos empresas,21 contratos CPI e máis de 200 profesionais

  
Retos. Os retos asociados a InnovaSaúde estrutúranse ao redor de tres grandes eixos:
1.Asistencia sanitaria centrada no paciente: desenvolvemento de novas ferramentas deslocalizadas (teleasistencia, telemonitorización, portais web 2.0 para pacientes, etc.) que axuden a evitar os episodios de agudización das enfermidades crónicas. Desta forma, redúcese a necesidade de servizos baseados na hospitalización e ao mesmo tempo auméntase a comunicación e a accesibilidade cara aos pacientes.
2.Atención sanitaria segura e áxil: desenvolvemento de novas solucións tecnolóxicas para minimizar as posibilidades de erro humano por parte dos profesionais,  incrementando así a seguridade do paciente.
3.Atención sanitaria intelixente: cambio de estrutura dos servizos asistenciais para mellorar a eficiencia á hora de satisfacer as necesidades dos pacientes, asegurando unha excelente prestación de servizos da máxima calidade.