Introdución

Introdución

Os programas InnovaSaúde e Hospital 2050 (H2050) foron lanzados en 2011 como a iniciativa de compra pública de innovación na área da saúde máis ambiciosa de España ata entón.
O proceso iniciouse con consultas ao mercado de solucións avanzadas para:
Impulsar un sistema de saúde máis seguro, eficiente, intelixente e centrado no paciente.
Mellorar os procesos intrahospitalarios.
Crear novos servizos capaces de habilitar o desenvolvemento do hospital do futuro.
A través dunha aposta de investimento sen precedentes, logrouse non soamente un catálogo de novos produtos e servizos que marcarán un salto cualitativo na prestación de servizos de saúde en Galicia, senón tamén oportunidades de comercialización no mercado exterior e o desenvolvemento dunha sofisticada estrutura de apoio a proxectos de innovación que continúa evolucionando.
90 Millóns de € de orzamento, 23 proxectos trasnformadores e 33 contratos vía CPI
Realizados mediante convenios co Ministerio de Economía e Competitividade nos que o SERGAS é o beneficiario de fondosFEDER dentro do PO de I+D+i por e para o beneficio das empresas - Fondo tecnolóxico 2007-2013.
VISIÓN: oportunidade de crear o modelo de futuro da sanidade pública galega baseado nun modelo de innovación aberta, con profesionalesy pacientes, que poida servir como referencia internacional