Finalidade e funcións CBG

Finalidade e funcións CBG

Finalidade

O Consello de Bioética de Galicia configúrase como un órgano colexiado de carácter permanente, consultivo, interdisciplinar e independente que ten como finalidade asesorar, nos aspectos éticos da práctica sanitaria do Sistema de Saúde de Galicia, as entidades, organizacións e institucións de carácter sanitario, tanto públicas como privadas, e ser foro de referencia do debate bioético na sociedade galega.

Funcións

O Consello de Bioética de Galicia ten como funcións:

  • Asesorar en materia de bioética á Administración sanitaria e os/as profesionais da saúde.
  • Elaborar os informes que sobre cuestións de bioética lle sexan solicitados pola persoa titular da Consellería de Sanidade e presentar as propostas ou recomendacións que sobre a mesma materia considere procedentes.
  • Ser o órgano de referencia en materia de bioética dos comités de ética asistencial.
  • Elaborar informes sobre os proxectos normativos relacionados coa bioética.
  • Colaborar na elaboración e harmonización de procedementos e protocolos referidos a cuestións bioéticas.
  • Promover, no ámbito sanitario, a formación e a consideración da bioética como criterio de calidade e boa práctica profesional.
  • Contribuír ​á información e favorecer o debate da cidadanía sobre as dimensións éticas e sociosanitarias da práctica asistencial.
  • Calquera outra que lle fose encomendada pola persoa titular da Consellería con competencias en materia de sanidade.​ ​​​