Plan de actuación

Plan de actuación

PlanActuacion.png 
A detección precoz de pacientes con sepse debe ser unha prioridade en calquera punto de contacto co sistema sanitario.
 
O obxectivo é reducir os tempos ata o diagnóstico, o inicio da reanimación e a antibioterapia para, desta forma, mellorar a supervivencia.
 
Ao non existir un síntoma ou signo definitivo, nin un biomarcador diagnóstico de sepse, non é posible definir unha alerta que garanta a detección de todos os pacientes, así como tampouco evitar os falsos positivos. É, por tanto, responsabilidade de todo o persoal que atende a estes pacientes responder do xeito máis rápido posible á aparición de signos de alerta para confirmar ou descartar a sepse.
 
A atención debe ser coordinada e continuada entre os distintos niveis asistenciais, polo que definiremos os criterios de activación de código sepsis en todos os niveis, tendo en conta a diferente capacidade diagnóstica de cada punto de contacto.
 
A creación de sistemas de alerta máis ou menos automatizados non exclúe a valoración subxectiva da gravidade por parte do facultativo e/ou enfermeiros expertos a cargo do paciente.
 
Débese prestar especial atención a pacientes de maior risco (idades extremas da vida, inmunodeprimidos, con múltiples comorbilidades).