Segundo as recomendacións da reunión de consenso Sepse-3
1:
- Sepse: disfunción orgánica potencialmente mortal causada por unha resposta disregulada do hóspede á infección.
Aínda que calquera infección pode causar sepse, as infeccións máis frecuentemente relacionadas coa sepse son: - Pneumonía.
- Infección do tracto urinario (pielonefritis).
- Infección intraabdominal.
- Meninxite.
- Infección profunda de pel e partes brandas.
- Infección relacionada con catéter.
- Infección en inmunodeprimidos.
- Choque séptico: hipotensión que require uso sostido de vasopresores para mantener unha TAM de 65 mmHg e que se acompaña dun nivel de lactato sérico maior de 2 mmol/l. Todo iso tras unha resucitación volumétrica axeitada.
- qSOFA (quickSOFA): escala recomendada como método de cribado de sepse. Criterios de qSOFA (cada un valorado con 1 punto):
- FR ≥ 22 r.p.m.
- Alteración do nivel de conciencia.
- TAS ≤ 100 mmHg.
Unha puntuación qSOFA > 2 puntos selecciona a pacientes con maior risco de ingreso en UCI e mortalidade.
Aínda que qSOFA é altamente específico para seleccionar pacientes graves non é diagnóstico de sepse (é preciso calcular o SOFA para confirmar disfunción orgánica).
- Escala SOFA (Sepsis related Organ Failure Assessment): escala que valora a disfunción orgánica. En pacientes con infección, unha puntuación de SOFA ≥ 2 puntos (en pacientes con disfunción orgánica crónica, aumento de 2 puntos respecto á puntuación basal) é diagnóstica de sepse.
- Hipoperfusión inducida por sepse: definida por calquera dos seguintes criterios no contexto de sepse:
- TAS < 90 mmHg o TAM < 65 mmHg.
- Lactato > 4 mmol/l
- Diurese < 0.5 ml/kg/h.
Relación PaO2/FiO2: marcador indirecto do dano pulmonar. Mide a relación entre a presión parcial de oxíxeno en sangue arterial e a concentración de oxíxeno no aire inspirado. Utilízase para categorizar a síndrome de distrés respiratorio agudo (SDRA) en:
- Leve: PaO2/FiO2 ≤ 300 y > 200 mmHg.
- Moderada: PaO2/FiO2 ≤ 200 y > 100 mmHg.
- Grave: PaO2/FiO2 ≤ 100 mmHg.
Cálculo:
Exemplo: PaO2=86 mmHg y FiO2=30%
- Depuración de lactato: marcador prognóstico de resposta adecuada á resucitación.
Cálculo:
Lactato inicial: nivel de lactato antes de iniciar a resucitación.
Lactato final: nivel de lactato tras a resucitación.