O obxectivo destes programas é a realización de asistencia sanitaria especializada e atención desde un enfoque biopsicosocial a persoas con trastornos adictivos, atendendo á planificación e criterios, guías e procedementos establecidos polo Servizo Galego de Saúde. No desenvolvemento destes programas, atenderase toda a demanda que se xere neste período respectando os principios de universalidade, anonimato, voluntariedade e gratuidade.
A prestación sanitaria axustarase ao disposto pola Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia no tocante á atención especializada e comprenderá, entre outras, as funcións de prescrición e procedementos diagnósticos e terapéuticos, rehabilitación en pacientes con déficit funcional recuperable, a educación para a saúde no seu ámbito de actuación e a realización das prestacións sociosanitarias que correspondan con este nivel de asistencia en coordinación co sistema de servizos sociais.
Entidades que desenvolven estes programas. Anos 2014 e 2015.
Asociación Cidadá de Loita contra a Droga “ACLAD”. A Coruña. |
|
Concello de Burela |
|
Concello de Ribeira |
Asociación Exalcohólicos L.M. Morás. A Coruña. |
|
Concello de Cangas |
|
Concello de Santiago |
Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO). Ferrol. |
|
Concello de Carballo |
|
Concello de Vigo |
Asociación Exalcohólicos de Ferrolterra. Ferrol |
|
Concello de O Grove |
|
Concello de Vilagarcía de Arousa |
Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home). Santiago |
|
Concello de Monforte de Lemos |
|
|
Asociación Cruz Vermella de Lugo. Lugo |
|
Concello de Noia |
|
|
Asociacion As Burgas. Ourense. |
|
Concello de Ourense |
|
|
Asociación Cidadá de Loita contra a Droga “Alborada”. Vigo |
|
Concello de Pontevedra |
|
|
Asociación Viguesa de Alcoholoxía (ASVIDAL). Vigo. |
|
Concello de Porriño |
|
|