Prestación ortoprotésica ambulatoria

Prestación ortoprotésica ambulatoria

A prestación ortoprotésica, consiste na utilización de produtos sanitarios, implantables ou non, cuxa finalidade é substituír total ou parcialmente unha estrutura corporal, ou ben modificar, corrixir ou facilitar a súa función.
 
Estes produtos serán dispensados a través dos establecementos sanitarios autorizados (ortopedias, ópticas e centros audiolóxicos) da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
A Lei de Saúde de Galicia establece que esta prestación será facilitada polos servizos de saúde ou dará lugar, se é o caso, ás correspondentes axudas económicas.
 
Quedan excluídos os implantes cirúrxicos, que se continuarán facilitando por parte dos hospitais con cargo aos seus propios orzamentos.