Documentación a presentar pola persoa usuaria

Documentación a presentar pola persoa usuaria

Documentación a presentar pola persoa usuaria
  • Solicitude do reintegro de gasto asinada pola persoa usuaria ou a persoa representante legal (debidamente acreditada), na que conste o NIF da persoa receptora da prestación e o IBAN da conta bancaria.
  • Folla de prescrición ortoprotésica realizada polo persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde.
  • Copia da ficha técnica do produto dispensado polo establecemento sanitario.
  • Factura orixinal da adquisición do material ortoprotésico na que conste de forma expresa e clara o produto dispensado, o código que segundo o catálogo lle corresponde, o importe aboado e a data efectiva de adquisición.
  •  Documento de cesión de crédito (endoso), no seu caso.
  •  Copia do informe médico para recambio, no seu caso.
  •  Copia do protocolo de prescrición, no seu caso.
  •  No caso de prescrición de caixa de control ou mando para cadeira eléctrica: ficha técnica do produto prescrito e ficha técnica da correspondente cadeira eléctrica.
  • Copia da resolución da Comisión Central para a Regulación e Seguimento da Prestación Ortoprotésica nos supostos nos que sexa necesaria a súa autorización previa.
Documentación para o procedemento de autorización previa de reparación:
  • Copia da folla de prescrición.
  • Orzamento da reparación.
Documentación para o procedemento de autorización previa de mellora:
  • Copia da folla de prescrición.
  • Ficha técnica do produto prescrito.
  • Ficha técnica del producto solicitado