Dia Mundial de Prevención do suicidio

Dia Mundial de Prevención do suicidio

O Día Mundial da Prevención do Suicidio (DMPS), que se celebra anualmente o 10 de setembro, organizado pola Asociación Internacional para a Prevención do Suicidio (IASP ) e avalado pola Organización Mundial da Saúde (OMS), ten o obxectivo xeral de crear conciencia acerca da prevención do suicidio en todo o mundo.
O tema do DMPS 2022 “Crear esperanza a través da acción”, reflicte a necesidade dunha acción colectiva para abordar este problema urxente de saúde pública.
 
Esperanza a través da acción
Os suicidios e os intentos de suicidio afectan non só ás persoas, senón tamén ás familias, as comunidades e as sociedades. Os factores de risco asociados ao suicidio, como a perda laboral ou financeira, o trauma ou o abuso, os trastornos mentais e por uso de substancias e as barreiras para acceder á atención médica, ampliáronse aínda máis coa COVID-19.
O suicidio pódese previr. As principais medidas de prevención do suicidio baseadas en probas inclúen restrinxir o acceso aos medios para o suicidio, políticas de saúde mental e redución do alcol, e promover a información mediática responsable sobre o suicidio.
O estigma social e a falta de conciencia seguen sendo os principais obstáculos para a procura de axuda para o suicidio, o que pon de relevo a necesidade de campañas de alfabetización en saúde mental e contra o estigma.
 
 AXUDAR A ALGUÉN_GAL.gif
HOPE_GAL.gif