Subscrición SMS

Subscrición SMS

A Consellería de Sanidade ven de establecer unha nova canle de comunicación entre a Administración sanitaria e a cidadanía a través de mensaxes SMS e/ou correo electrónico para o envío de información de interese particular ou xeral relativa á prestación de servizos sanitarios. Neste apartado pode subscribirse aos servizos habilitados actualmente mediante esta canle.

Ten custe o servizo?

Non, non ten ningún custe. Tanto o sevizo, coma a subscrición a dito servizo, é totalmente gratuíto.

Qué información podo recibir a través deste servizo?

A través da subscrición xeral pode dispor de información publicada nesta web no seu móvil. Os apartados habilitados neste tipo de subscrición son os de novas, avisos, publicacións, enquisas e foros.

A través da subscrición persoalizada vostede poderá ter ó alcance da súa man a información relativa ás súas citas médicas hospitalarias, asi coma múltiples avisos de saúde coma: campañas de vacinacións, consellos de saúde, alertas sanitarias...​​​