Que necesito para acceder ó servizo?

Que necesito para acceder ó servizo?

Para acceder a este servizo electrónico necesitará validar a súa identidade mediante o uso dun certificado dixital.

Dado o carácter estrictamente confidencial da información de saúde, recoñecida como de nivel alto na lei de protección de datos de carácter persoal 15/1999, é preciso proporcionar un mecanismo que asegure que os datos presentados neste servizo son accesibles só e únicamente para o interesado. Os certificados dixitais son un mecanismo seguro para a identificación das persoas nos servizos telemáticos, e por este motivo o SERGAS establece a condición de dispor destos para o acceso a esta información confidencial.

Dentro dos distintos tipos de certificados dixitais, o DNIe presenta un grado de seguridade especialmente alto. Este certificado non pode ser utilizado dende outro soporte distinto á tarxeta física onde se xeran, e ademáis require sempre e inexcusablemente a introdución dunha contrasinal para o seu uso. Esta condición non se pode garantir sempre e en cualquera circunstancia con outros certificados, como por exemplo os da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, que poden ser utilizados dende un equipo onde foran instalados previamente, e que tamén poden ser utilizados sen requerimento de contrasinal baixo certas condicións de instalación.

Por este motivo só se permite utilizar o DNI electrónico para acceder a esta información.