Programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

Programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

Encaixe PO FEDER Galicia 2014 - 2020 e Actuación CPSO (Criterios e Procedementos de Selección de Operacións)

 FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL. Unha maneira de facer Europa
 

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na sección "Información relacionada" desta páxina.

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde desenvolven distintas operacións que obedecen a distintos obxectivos dentro deste programa operativo:

Obxectivo Temático Prioridade de Investimento Obxectivo específico Categoría de Intervención Actuación (CPSO)
2 "Mellorar o Acceso, Uso e Calidade das Tecnoloxías da Información e da Comunicación" 2.3 "Reforzo das aplicacións das TIC para a administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica" 2.3.1 "Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusion e e-saúde" 081 "Solucións das TIC ó reto de envellecemento activo saudable, servizos e aplicacións de saúde en liña (incluida a ciberasistencia e a vida cotidiá polo entorno)" 2.3.1.1 "Reforzo dos servizos públicos dixitais: Sanidade Dixital Integral en Galicia"
9 "Prover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera outra forma de discriminación" 9.1 "A inversión en infraestruturas sociais e sanitarias que contribúan ó desenvolvemento nacional, rexional e local e reduzan as desigualdades sanitarias, e o fomento da inclusión social mediante unha mellora do acceso ós servizos sociais e culturais" 9.7.1 "Inversión en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ó desenvolvemento nacional, rexional e local, e reduza as desigualdades sanitarias e transición dos servizos institucionais ós servizos locais" 053. Infraestrutura sanitaria 9.7.1.1 "Actuación de implantación, adaptación ou reorganización de servizos e prestacións sanitarias no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, derivadas da súa modernización e da posta en marcha da nova infraestrutura"
4 "Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores" 4.3 "O apoio da eficiencia enerxética, da xestión intelixente da enerxía e do uso de enerxías renovables nas infraestruturas públicas, incluídos os edificios públicos, e nas vivendas" 4.3.1 "Mellorar a eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos" 014. Renovación do parque inmobiliario existente con obxecto da eficiencia enerxética, proxectos de demostración e medidas de apoio 4.3.1.3 "Medidas destinadas ao aforro e eficiencia enerxética na administración pública autonómica no marco do plan de aforro e eficiencia enerxética na administración pública 2015-2020"
1 "Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación" 1.2 "Fomento do investimento necesario para reforzar as capacidades de resposta do servizos de saúde pública ás crises" 1.2.4 "Actuacións necesarias para reforzar as capacidades de resposta á crise provocada pola COVID-19" 065 "Actuacións necesarias para reforzar as capacidades de resposta á crisis provocada pola COVID-19" 1.2.4.1 "Reforzo da capacidade de resposta á crise sanitaria provocada pola COVID-19"
13 "Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía" 13.1 "Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía" 20.1.5 "Apoiar investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos á cidadanía" 053 "Infraestrutura sanitaria" 20.1.5.1 "Actuacións de mellora do equipamento dos centros sanitarios e de reforma e construción de centros sanitarios"
​13i. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía ​20. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía ​OE 20.1.1 – Produtos e servizos para os servizos de Saúde ​68 – ACTUALIZACIÓN E MELLORA DA PLATAFORMA TIC SANITARIA. ​20.1.1.3 – ACTUALIZACIÓN DA PLATAFORMA TIC SANITARIA E A PLATAFORMA TIC SAÚDE PÚBLICA

 

Organismo intermedio

ES203001 - XUNTA DE GALICIA

Organismo con senda financeira

ES203001 - XUNTA DE GALICIA

Normativa de Referencia

RDC, art. 125.3.b, 125.3g

Rgto. 480/2014, Anexo III, datos do 23 ao 30