O Sistema Público de Saúde en Galicia

O Sistema Público de Saúde en Galicia

Na nosa Comunidade Autónoma, os servizos sanitarios públicos organízanse a través do Sistema Público de Saúde de Galicia, que é parte integrante do Sistema Nacional de Saúde.

A Consellería de Sanidade dirixe o Sistema Público de Saúde de Galicia mediante estratexias e liñas de actuación coherentes coa política sanitaria formulada polo Goberno de Galicia.
 
Para conseguir os obxectivos en saúde, a Consellería de Sanidade promove actuacións a través dos centros propios e de sectores alleos implicados na mellora da saúde.
Al igual que outros sistemas, planifica e xestiona o seu propio financiamento, procura a xeración de recursos, organiza a provisión de servizos e garante unha tutela efectiva dos recursos de saúde.
 
O Sistema Público de Saúde integra, coordina e organiza todos os centros, servizos e establecementos públicos autonómicos, en prol de promover a saúde da cidadanía, protexela contra posibles riscos e asistila en caso de enfermidade.
 
  • Misión: Mellorar a saúde, garantir os dereitos de deberes e manter a sostenibilidade financeira
  • Visión: Obter resultados satisfactorios para a cidadanía, a través dos profesionais e unha organización eficiente.
  • Valores: Orientación aos resultados, promoción do carácter público, eficiencia, transparencia e participación efectiva